CRTVG

Buscar

Lanzan unha campaña de sensibilización sobre o cancro de mama metastásico

Publicado o 06/10/2020 14:52

A Asociación Galega de Cancro de Mama Metastásico acaba de presentar unha campaña de sensibilización unha semana antes de que se celebre o día mundial contra esta enfermidade.

A doenza é incurable a día de hoxe e a causa principal de morte nas mulleres entre os 35 e os 50 anos. O ano pasado case 33.000 persoas padeceron cancro de mama con metástase en España. Máis de 6.600 morreron. O futuro e a esperanza de vida das persoas afectadas depende da investigación.

 

 

Noticias web

06/10/2020