CRTVG

Buscar

Lanzan desde a UDC unha web para informar da evolución da pandemia

Publicado o 31/03/2020 23:10

Carlos Fernández-Lozano viu no confinamento unha oportunidade. Entre clase e clase de Seguridade Informática e Sistemas Intelixentes, este profesor da Universidade da Coruña encárgase desde a casa de emborcar nunha aplicación os datos sobre a pandemia que ofrecen día a día as institucións. 

"A idea xurdiu inicialmente case como un xogo. O que realmente quería era aproveitar este tempo de corentena en que temos que estar en casa para impedir que se propague máis aínda a pandemia da COVID-19", dixo Carlos Fernández-Lozano, profesor de Informática na UDC.

A web ofrece a información das fontes oficiais, ademais de gráficos por comunidades autónomas. Tamén facilita as comparativas entre territorios. 

"O que xurdiu como un xogo, como unha maneira de investir o tempo en aprender unha nova tecnoloxía, rematou tendo unha repercusión que eu non esperaba para nada", contou o profesor Fernández-Lozano.

Tal foi a acollida que o primeiro día a aplicación caeu polo número de visitas, superior ao previsto. Día a día mellora.

Noticias web

31/03/2020