CRTVG

Buscar

Lalín reforza as restricións con medidas adicionais, entre elas, prohibir as matanzas

Publicado o 19/11/2020 15:29

Lalín segue en alerta vermella no semáforo da covid, e os casos non deixan de medrar, malia o peche perimetral e as restricións impostas polo Goberno galego hai xa doce días. Así que o concello decidiu establecer medidas complementarias que afectan, sobre todo, as reunións familiares e sociais, onde, ao parecer, está o foco da infección nesta zona.

Así que suspenden actos culturais, pechan parques infantís e mesmo restrinxen as matanzas, unha tradición especialmente arraigada na capital do Deza. Trátase de que non se produzan reunións de non conviventes, mesmo o alcalde anima a que os veciños denuncien os comportamentos irresponsables que prexudican a saúde e a economía do concello.

Queda por diante un outono sen magostos e sen matanzas, coas tradicións en corentena á espera de que o semáforo se poña en verde na capital do Deza.

Noticias web

19/11/2020