CRTVG

Buscar

La Fura dels Baus respresentará 'A nova normalidade' na Cidade da Cultura

Publicado o 14/07/2020 15:30

La Fura del Baus representará en Santiago o seu último espectáculo, 'A nova normalidade', co que rende homenaxe ao persoal dos centros sanitarios que se enfrontou ao descoñecido durante o confinamento. A obra quere tamén reflexionar sobre os cambios que trouxo consigo a Covid-19.

A compañia teatral La fura dels Baus actuará o días 29 e 30 na Cidade da Cultura de Santiago. A obra, que leva por titulo 'A nova normalidade', creárona durante o confinamento e está dedicada aos que coidaron da saúde dos cidadáns, desde o persoal de limpeza ata médicos, farmacéuticos e investigadores.

"Comparamos a audacia que tiveron ao traballar en terreo descoñecido, arriscando a súa vida, co que fixeron hai 500 anos moitos mariñeiros e exploradores que se atreveron a dar a volta ao mundo, a saír máis aló de Fisterra, e debuxar o planeta terra", explica Carlus Padrissa, director artístico de La Fura dels Baus.

A representacion, que será interactiva como todas as desta compañía, lembra que os telefónos móbiles foron unha ferramenta importante durante o estado de alarma.

"Tamén lles rendemos homenaxe e na obra de teatro diremos que non o apaguen, porque lles imos mandar vídeos, e poderán votar se pensan que necesitamos máis ou menos seguridade e se cren que o coronavirus nos fixo peores ou mellores", conta Padrissa.

Para a compañía, a praza central da Cidade da Cultura é o lugar ideal para o espectáculo, onde serán obrigatorias todas as medidas de seguridade.

"Aquí é moi seguro, todos a metro e medio, sentados nas cadeiras xiratorias que lles permitirán xirar para todos lados e van poder sentir, vivir unha experiencia", adianta Carlus Padrissa.

A acollida é de 800 persoas e as entradas xa están á venda na web da compañía.

Noticias web

14/07/2020