CRTVG

Buscar

La Fura dels Baus presenta 'Nova normalidade' na Cidade da Cultura

Publicado o 29/07/2020 15:02

Nova normalidade é a que nos permite volver gozar do teatro, da ópera, da música. Porque de todo isto ten o macroespectáculo de La Fura dels Baus.

Co seu facer particular, nesta historia parten da viaxe ao descoñecido que fixeron os equipos sanitarios e cientificos na loita contra a pandemia.

A montaxe naceu do espectáculo dixital creado pola Fura durante o confinamento ata chegar a unha posta en escena con momentos moi impactantes.

A terra e a auga, que tamén vai estar presente nunha colaboración de Cantigas e Agarimos, que achegan tradición.

Na praza central da Cidade da Cultura, a Nova normalidade será para mil persoas que o verán ao vivo.

Reflexionar desde a cultura nunha nova normalidade que inda está por explorar. A viaxe arranca esta noite na Cidade da Cultura.

Noticias web

29/07/2020