CRTVG

Buscar

Kim advirte da fin da moratoria de ensaios nucleares e anuncia unha nova arma

Publicado o 01/01/2020 17:41
Kim advirte da fin da moratoria de ensaios nucleares e anuncia unha nova arma

O líder norcoreano, Kim Jong-un, dixo que non ve razón para seguir mantendo a moratoria autoimposta por Pionyang sobre probas nucleares e de mísiles de longo alcance para favorecer o diálogo cos EUA  e advertiu que despregará pronto unha "nova arma estratéxica". Citado hoxe pola axencia estatal KCNA, Kim dixo que os EUA respondeu á moratoria do réxime con exercicios militares e novas sancións, e que "baixo semellantes condicións, xa non hai fundamento para nós en canto a manter este compromiso unilateral (de suspender probas de armas) durante máis tempo".

As palabras de Kim, pronunciadas nun importante plenario do partido único, son un revés para as atrancadas negociacións sobre desnuclearización, aínda que o líder non pechou completamente a porta ao diálogo ao dicir que Pionyang potenciará a súa capacidade nuclear dependendo da "futura actitude dos EUA" cara ao seu país.

 

 

Noticias web

01/01/2020