CRTVG

Buscar

Karim afectará menos as zonas do interior: menos chuvia, aínda que si soprará con forza o vento

Publicado o 19/02/2021 14:32

Aproveitan estas horas previas de ceos despexados antes de que caian as primeiras pingas.

"Vén Karim".

A pegada no interior de Karim será máis leve. O que máis se notará é no vento, sobre todo na montaña, onde os refachos xa superaban este mediodía os 80 quilómetros por hora e á tarde chegarán aos cen.

"Unha borrasca tras outra, xa estamos acostumados"; "Mal tempo non é so cando chove, tamén cando non chove".

Traerá chuvia, non moita, pero chove sobre mollado, e o caudal dos ríos vai ao límite e hai risco de rebordamento. O río Avia en Ourense xa supera os tres metros de altura.

"O caudal sobe e baixa con moita facilidade dependendo das augas que corren".

Chuvia que non só engorda os ríos, tamén deixa imaxes de fervenzas naturais que abren paso, aínda que só sexa de xeito temporal.

Noticias web

19/02/2021