CRTVG

Buscar

K. Robertson sobre a Covid: "A xente di que é como unha gripe, eu vivín gripes e non sentín nunca o que sentín con isto, que é unha cousa moi seria"

Publicado o 27/01/2021 18:05

Kassius Robertson conseguiu a mellor valoración dos afeccionados no mes de decembro nun Obradoiro que botou practicamente trinta días pasando un andazo de Covid cun impacto brutal no estado físico dos xogadores.

Kassius Robertson, Monbus Obradoiro: "A xente di que é como unha gripe! Eu vivín gripes e catarros e non sentín nunca o que sentín con isto, que é unha cousa moi seria"

Xogadores e corpo técnico do Obradoiro tamén recoñecen que o pasaron mal mentalmente, devecendo cada día de confinamento por volver canto antes a vérense, adestraren e competir.

Kassius Robertson, Monbus Obradoiro: "Si, mentalmente foi un gran problema tamén pois queriamos volver canto antes á vida normal"

Con todo este fardo ao lombo os santiagueses levan dende o sábado adestrándose e están a tres días de volver á competición. Agarda Bilbao Basket.

Kassius Robertson, Monbus Obradoiro: "A algúns compañeiros fáltanlles días para chegar ao cen por cento, pero o resto esta adestrándose e vendo como responde. Imos estar ben o sábado"

Traballo a eito para Moncho Fernández. Chegan reforzos e o cadro de xogadores debe afrontar esta segunda volta real do campionato esquecendo canto antes a parada obrigada virus mediante.

Noticias web

27/01/2021