CRTVG

Buscar

O Lugo destitúe a Juanfran ás cinco xornadas de liga

Publicado o 11/10/2020 21:13

O Lugo decidiu prescindir do seu adestrador, Juanfran García, logo de só cinco xornadas de liga. A entidade lucense anunciou este serán nun comunicado a destitución do técnico, despois da derrota apañada diante do Mallorca.

Neste inicio de liga, o Lugo só gañou un partido e perdeu catro.

Hai tan só dous meses, Juanfran foi o artífice da permanencia do Lugo na segunda categoría.

Noticias web

11/10/2020