CRTVG

Buscar

Juanfran atópase con Luis García nun partido marcado polo calendario

Publicado o 10/10/2020 13:17

Juanfran e Luis García, antigos xogador e adestrador na época do Levante, comparten enfado polo xarro de auga fría que supuxo o adiantamento do encontro entre o Lugo e o Mallorca para mañá ás doce.

Juanfran García. Adestrador do C.D. Lugo. "Trastócache todo. Traballache unha serie de cousas nas que confías que tes un día máis, o deixas porque cres que tes moito máis tempo."

Luis García. Adestrador do Real Mallorca. "Non fixemos a preparación que hai que facer para ese partido, no Lugo, Juanfran, o meu ex xogador Juanfran, ao que teño un cariño enorme, pensará o mesmo, pero parece que é como un matrimonio cando se separa e para as disputas meten aos fillos e semella que nós somos os fillos, non é tan fácil preparar un partido así."

E iso que os dous equipos coñécense ben porque hai pouco máis dun mes enfrontáronse en Lugo no último partido da pretemporada no que os baleares venceron por cero a un. O técnico lucense destaca precisamente esa rendibilidade que lle saca aos seus goles.

Juanfran García. Adestrador do C.D. Lugo. "Leva tres goles a favor, en contra un, sacou a máxima efectividade aos goles que meteu, é un equipo moi intenso."

Luis García, pola súa parte, é consciente do que lle agarda ao seu equipo.

Luis García. Adestrador do Real Mallorca. "Vannos agardar co cuchillo entre os dentes por dicilo dalgunha maneira, levan tres derrotas sei que vai estar motivando aomáximo ao seu equipo para que nos xogue ao cento por cento".

Djalo, convocado pola súa selección, é a única baixa lucense respecto a convocatoria de Cartaxena.

Noticias web

10/10/2020