CRTVG

Buscar

Juan José Cortés lamenta a inminente saída do asasino da súa filla

Publicado o 29/03/2019 16:49

Juan José Cortés asegura que enfronta como unha realidade dolorosa a próxima saída do cárcere do asasino da súa filla Mariluz, Santiago del Valle, despois de cumprir un terzo da súa condena e solicitar un permiso.

Nunha mensaxe publicada na rede social Facebook, Cortés di non poder describir o que sente pero que é volver a ter a alma desfeita.

A publicación de Juan José Cortes no seu perfil de Facebook vai ilustrada cunha foto en que se lle pode ver xunto aos pais doutras menores asasinadas. Cortés di que enfronta unha realidade dolorosa que é a posible próxima saída do cárcere do asasino da súa filla, o pederasta Santiago del Valle, despois de cumprir oito dos 22 anos aos que foi condenado. Coñecedor de que o asasino de Mariluz solicitou un permiso carcerario, Juan José Cortes asegura que non pode describir o que sente pero que é volver ter a alma desfeita.

Noticias web

29/03/2019