CRTVG

Buscar

Juan Carlos Santórum xa ingresou no cárcere da Lama

Publicado o 10/09/2020 16:58

Xa está en prisión. Juan Carlos Santórum ingresou onte á noite no cárcere da Lama. O vilanovés levaba dous días e medio na comisaría de Pontevedra cando por fin foi levado a declarar á Audiencia Provincial en Vigo.

Tivo que testemuñar sobre o alixo de catro mil cincocentos quilos de cocaína do buque Karar, xa que a investigación apunta á súa participación como cerebro da trama en terra.

Polo de agora ten que cumprir dous anos en prisión.

Imaxes cedidas por: Faro de Vigo

Noticias web

10/09/2020