CRTVG

Buscar

Juan Antonio Armenteros, presidente interino do Deportivo ata o 14 de xaneiro

Publicado o 27/12/2019 20:35
O novo Consello critica "a pasividade" do anterior na toma de decisións "urxentes" para a supervivencia do club

Paco Zas deixa de ser presidente do Deportivo. Tras as discrepancias entre o equipo de Zas e o equipo de Vidal, que deixaba o club nun estado de parálise, o actual Consello de Administración renunciou aos seus cargos de maneira definitiva. O avogado Juan Antonio Armenteros, do equipo de Fernando Vidal, pasa a ser o presidente interino ata a asemblea do día 14. A través dun comunicado aseguran que se viron obrigados a dar ese paso ante a pasividade da directiva saínte. Tras estes acontecementos, o despedimento de Luis César e a contratación de Vázquez é inminente.
 

Noticias web

27/12/2019