Josete podería voltar ao centro do campo
A sanción de Sergio Gil e as lesións de Pita, Seoane e Campillo poden devolver ao central Josete ao centro do campo tal e como sucedeu hai quince días en Alcorcón, unha posición na que o xogador lucense asegura sentirse a gusto.
Josete. C.D. Lugo. "No Elche xoguei unhas cantas, no Cádiz tamén, non é unha posición que me pille de novo. Si é verdade que nos últimos anos normalmente xoguei de central, pero é unha posición que non me desagrada que me gusta e se podo axudar ao equipo pois benvido sexa".
Para o ilicitano o partido ante o Córdoba vai ser semellante ao da primeira volta polo que buscan afrontalo como unha final conscientes das debilidades defensivas do rival, o equipo máis goleado de Segunda e o segundo máis realizador na casa.
Josete.C.D. Lugo. "Son partidos normalmente abertos, nos que eles van ao ataque, suman moita xente cara diante. Nos tentaremos contrarrestar iso e pilla-los nas súas debilidades".
O que Josete agarda é non recibir un golpe como o da primeira volta que lle obrigou a deixar o campo e polo que tiveron que darlle catorce puntos.
Josete. C.D. Lugo. "Je, je, je....Ogallá nolos sumaran, je, je, je..."
Para Josete, con eses catorce puntos o Lugo estaría salvado.