CRTVG

Buscar

José Antonio Gómez (UXT): "As medidas que se tomaron ao principio desta pandemia foron boas, pero a situación mudou"

Publicado o 20/04/2020 10:32

A primeira das consecuencias que tivo a sociedade no seu conxunto para loitar contra a COVID-19 foi a hibernación da economía. E a primeira consecuencia foi a perda de emprego.

José Antonio Gómez é o secretario xeral de UXT: "A destrución de emprego, neste contexto de crise que estamos a vivir, estámola evitando cos ERTE temporais. As medidas que se tomaron ao principio desta pandemia foron unhas boas medidas, que permiten que cando se poida volver activar a economía a xente poida volver traballar. Se esa reactivación non se produce nun curto espazo de tempo, imos ter que darlle unha volta a este modelo de ERTE".

"Temos que articular unha serie de medidas que permitan que a actividade das empresas vaia ao ritmo que pode ir. A saúde é o que ten que primar".







 

Noticias web

20/04/2020