CRTVG

Buscar

Jorge Prado gaña na República Checa con outra exhibición

Publicado o 29/07/2019 16:43

O lucense Jorge Prado acostúmase a vivir no máis alto do podio. Logo do periplo por Indonesia o mundial de motocrós volvía a Europa. Na República Checa Prado sumou dous novos triunfos. Das trece probas que se disputaron esta temporada o piloto galego acadou dobrete en dez delas sen que ninguén saiba atopar o xeito de discutir o seu liderado e demostrando que a categoría lle comeza a quedar pequena.

Quedan cinco probas para rematar o campionato. A seguinte na localidade belga de Lommel a vindeira fin de semana e Jorge Prado está cada vez máis preto de acadar o segundo título mundial consecutivo.

Noticias web

29/07/2019