CRTVG

Buscar

Os laboristas de Corbyn e outras formacións non apoiarán a proposta de Boris Johnson de convocar eleccións anticipadas

Publicado o 06/09/2019 13:31
Os laboristas de Corbyn e outras formacións non apoiarán a proposta de Boris Johnson de convocar eleccións anticipadas

O Partido Laborista de Jeremy Corbyn e outras formacións da oposición do Reino Unido chegaron a un acordo para non apoiar a proposta do primeiro ministro británico, Boris Johnson, de convocar eleccións anticipadas.

Segundo informaron este venres varias formacións, os laboristas e outros partidos -entre eles os liberal demócratas, os nacionalistas escoceses do SNP e o galés Plaid Cymru- acordaron votar en contra da petición do adianto electoral ou absterse na votación do luns.

O Goberno indicou onte que Johnson volverá pedir o apoio da Cámara dos Comúns o luns -día 9- para chamar os británicos ás urnas -o próximo 15 de outubro- co fin de superar a crise do brexit.