CRTVG

Buscar

Joaquín Sabina volve á casa tras recibir a alta hospitalaria

Publicado o 24/02/2020 09:01

Joaquín Sabina xa puido volver á casa despois de recibir a alta hospitalaria. O músico levaba ingresado dende o 12 de febreiro pasado, cando caeu do escenario durante o concerto que ofrecía en Madrid xunto a Joan Manuel Serrat.

Sabina tivo que ser operado dun hematoma intracranial e tamén sufriu lixeiras fracturas no ombreiro. Despois de dez días, e fiel á súa imaxe, saíu do hospital cun cigarro na boca. Iso si, era un cigarro de plástico.

Noticias web

24/02/2020