CRTVG

Buscar

Javier xubílase como rescatador do Pesca 1 deixando atrás arriscadas misións

Publicado o 19/08/2019 14:54

Loitan contra a contaminación marítima e o furtivismo vixiando desde o aire. Pero a súa faceta máis coñecida é a de rescatadores de persoas en situación de perigo no mar. E cando lles chega o momento de deixar a actividade laboral, aproveitan para lembrar anécdotas e falar do seu traballo con moita paixón.

Javier ten tantas ás súas costas, que lle resulta complicado quedar con unha. Esta mañá, das mans da conselleira do Mar, recibía unha placa conmemorativa que supón o seu adeus a unha intensa vida laboral a bordo do Pesca 1.

Di Javier que a un tenlle que gustar moito o mar para facer este traballo. E para formar parte do equipo do servizo de gardacostas hai que estar en forma e sempre atento.

É un traballo duro, non o negan. Pero tamén é un labor moi agradecido para quen o desempeña. Por iso, cando lles chega o tempo de retirarse, só teñen bos recordos dun oficio que viven con gran paixón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019