CRTVG

Buscar

Javier Nart dimite da Executiva de Ciudadanos tras unha votación que mantén o veto a Sánchez

Publicado o 24/06/2019 15:39
Javier Nart dimite da Executiva de Ciudadanos tras unha votación que mantén o veto a Sánchez

O eurodeputado de Ciudadanos Javier Nart dimitiu da Executiva nacional do partido, despois de que a  dirección votara para decidir se reconsidera o non a Pedro Sánchez, unha votación que tivo como resultado 24 votos a favor de manter o veto, 4 en contra e 3 abstencións. Nart seguirá mantendo a súa acta como deputado no Parlamento Europeo.

A executiva reuniuse hoxe como todos os luns e, aínda que estaba previsto ratificar a estratexia en relación coa investidura de Sánchez, non estba na orde do día sometelo a votación; de feito, esta votación non e produciu ata despois de que a portavoz de Ciudadanos, Inés Arrimadas, comparecera nunha roda de prensa na sede de Alcalá.