CRTVG

Buscar

Javi Gómez Noya, segundo no Europeo de Ironman 70.3, e Pablo Dapena, terceiro

Publicado o 23/06/2019 19:10

Éxito galego no Europeo de Ironman 70.3 celebrado en Elsinore, Dinamarca. Javi Gómez Noya rematou de segundo e Pablo Dapena, de terceiro. O ferrolán rematou os 90 quilómetros de ciclismo a tres minutos de Rodolf Von Berg. Na carreira a pé empezou a voar, pero faltoulle tempo, entrou a 11 segundos do campión. Pablo Dapena tamén remontou ata o terceiro posto.

Noticias web

23/06/2019