CRTVG

Buscar

Jake Cohen: "Temos que dar un paso adiante para substituír a Daum"

Publicado o 30/10/2020 11:43

Malas novas para o Obradoiro. A lesión de Mike Daum é máis grave do que se prevía.

Despois de escordar un nocello, o pivote estadounidense reaparecía contra Gran Canaria, con tan mala sorte de que se volvía mancar, esta vez no outro nocello. Os servizos médicos do club revelaron que Daum sofre unha nova escordadura, pero con rotura parcial de ligamentos. Pode estar 6 semanas de baixa. Os seus compañeiros botarano de menos.

Noticias web

30/10/2020