CRTVG

Buscar

Jacobo Montes deixa de ser o adestrador do Celta B

Publicado o 26/01/2020 18:05

O Celta B buscará cun troco na dirección técnica a reacción do equipo que se encontra en postos de descenso no Grupo I da Segunda División B. Os irmáns Montes, Jacobo e Marcos, deixan de ser os adestradores do filial celeste logo de sumar 22 puntos en 22 xornadas. Os resultados non estiveron á altura do agardado nun equpo que é o segundo máis goleado do grupo con 39 goles encaixados. 

Noticias web

26/01/2020