CRTVG

Buscar

Iván Redondo, xefe do gabinete de Sánchez, positivo por coronavirus

Publicado o 25/01/2021 22:30
Iván Redondo, xefe do gabinete de Sánchez, positivo por coronavirus

O director do Gabinete da Presidencia do Goberno, Iván Redondo, deu positivo por coronavirus e permanecerá en illamento de acordo cos protocolos sanitarios.

Moncloa sinalou que Redondo, cuxo positivo se detectou este luns, atópase ben e non ten síntomas, e subliñou que non mantivo contactos estreitos profesionais nas últimas 48 horas.

Os servizos médicos da Presidencia do Goberno non detectaron ningunha otra incidencia, segundo destaca tamén o Executivo.