CRTVG

Buscar

Iván Ares non estará no Rally da Coruña

Publicado o 20/02/2020 20:42

O subcampión de España de rallys, o cambrés Iván Arés, non disputará a vindeira semana o Rally da Coruña, que inaugura a temporada en Galicia. Iván anunciou hoxe a venda do seu Hyundai, co que levaba desde 2017, ano en que foi campión de España. O novo propietario é o melidense Alberto Otero.

Iván Ares está á espera de recibir o novo Hyundai, que estreará a finais de marzo en Córdoba, primeira proba do Campionato de España de rallys de asfalto.

Noticias web

20/02/2020