CRTVG

Buscar

Italia reduce por terceiro día o número de ingresados na UCI

Publicado o 07/04/2020 09:03

Os falecidos con coronavirus en Italia ascenden xa a 16.500, ao sumarse 636 nas últimas 24 horas, case 100 mortos máis ca o día anterior, que fora o número máis baixo en case tres semanas.

Os datos positivos son os relacionados cos novos casos. Houbo un incremento de 1.900 contaxiados nun día, o aumento diario máis baixo desde o 17 de marzo. Tamén se reduce por terceiro día consecutivo o número de pacientes ingresados na UCI.

O Goberno italiano anunciou novas medida. Unha relacionada co ensino. Promulgou un decreto que outorga un aprobado xeral a todos os alumnos este curso. O obxectivo é que ningún estudante quede atrás como consecuencia da emerxencia do coronavirus.

Outra das medidas é económica. O Goberno aprobou un plan de estímulo de 400.000 millóns de euros para as empresas. Unha medade para o mercado interno e a outra para fortalecer as exportacións ante a crise do coronavirus.

 

Noticias web

07/04/2020