CRTVG

Buscar

Istambul estrea o novo aeroporto internacional que substitúe o vello Atatürk

Publicado o 06/04/2019 20:10

Este sábado quedou definitivamente pechado o aeroporto Atatürk de Istambul, tras máis de medio século en servizo e trasladáronse todos os voos ao novo aeroporto internacional, situado na periferia noroccidental do Bósforo.
Durante un período de 12 horas, ambos os aeroportos quedaron pechados ao tráfico aéreo e o novo abriu ás 11 GMT do sábado ao engalar un avión de Turkish Airlines con dirección a Ankara. A mudanza rematará ao longo desta fin de semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2019