CRTVG

Buscar

Isabel Díaz Ayuso recibe a alta tras recuperarse do coronavirus

Publicado o 10/04/2020 18:18
Isabel Díaz Ayuso recibe a alta tras recuperarse do coronavirus


A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, recibiu este venres a alta médica tras superar a COVID-19, preto dun mes despois de que se confirmara o seu contaxio, o 16 de marzo. A xefa do executivo madrileño informou da súa alta médica a través de Twitter, onde colgou un vídeo gravado no apartahotel no que estivo confinada explicando a súa recuperación e desexando ánimo ao resto dos pacientes. "Despois dun mes de confinamento e de moitos días con dúbidas xa me deron a alta, xa podo dicir que superei a COVID-19", afirmou a presidenta madrileña.

 

Noticias web

10/04/2020