CRTVG

Buscar

Iria Soengas desprázase ata os estudios da Radio Galega para desvelarnos as claves desta nova tempada

Publicado o 02/09/2019 11:53

 

 

 

 

 

 

A Radio Galega inicia hoxe nova programación incidindo nos contidos de proximidade con presenza en todo o territorio e na colaboración de voces de recoñecido prestixio nos ámbitos da política, a economía, a divulgación, o entretemento e o deporte.

Xosé Valiñas arranca a xornada ás 6.00 h co informativo 'Galicia por diante', que este ano inclúe nova mesa de análise ás 7.30 h. Contará con colaboradores como Fernando Ónega, Juan Capeáns e Venancio Salcines. 

Os comunicadores Kiko Novoa e Cristina García tomarán os mandos a partir das 9.30 h e ofrecerán un relato xornalístico con conexións en directo desde as catro provincias. 

Os dous informativos centrais agrúpanse baixo a marca informativa de 'A crónica', da man de Celia Rúa e Silvia Pereiro. Ofreceranse dúas emisións diarias, ás 14.00 h e ás 20.00 h.

Na segunda edición de 'A crónica', integrarase un espazo destacado para a información social con Clara de Saá e o seu 'Convivir'. Tamén terán cabida coñecidas voces do ámbito divulgativo coma o investigador Ángel Carracedo, a profesora universitaria experta en redes, Laura Castro, ou o divulgador Marcus Fernández.

 

Noticias web

02/09/2019