CRTVG

Buscar

Irene Montero solicita poder votar a distancia ata cinco minutos antes do Pleno de investidura

Publicado o 24/07/2019 19:00
Irene Montero solicita poder votar a distancia ata cinco minutos antes do Pleno de investidura

A portavoz parlamentaria de Unidas Podemos, Irene Montero, solicitou á presidenta do Congreso, a socialista Meritxell Batet, poder emitir o seu voto telemático ata as 13.25 horas deste xoves, é dicir, cinco minutos antes do inicio do Pleno que finalizará coa segunda votación de investidura de Pedro Sánchez, prevista para as 14.25 horas.

O Regulamento do Congreso establece que aquelas señorías que soliciten votar a distancia por enfermidade, embarazo ou baixa por maternidade deben facelo "con carácter previo ao comezo da votación correspondente", pero sen especificar con canta antelación.

Montero dirixiu un escrito a Batet pedindo a "ampliación do prazo horario para emitir o voto telemático da sesión de investidura de Pedro Sánchez ata as 13.25 horas, dado que a hora prevista da votación son as 14.25". A súa intención é apurar o máximo posible, á espera de se frutifican ou non as negociacións para a formación dun goberno de coalición entre o PSOE e Unidas Podemos, e evitar así que poida repetirse o ocorrido este martes cando votou distinto ao resto do seu grupo. 

Noticias web

24/07/2019