CRTVG

Buscar

Irene Montero reincorpórase á vida política tras a baixa de maternidade

Publicado o 09/01/2019 20:50

A voceira de Unidos Podemos no Congreso, Irene Montero, reincorpórase a vida política tras a baixa de maternidade, cun acto feminista en Madrid. Mulleres de toda España reivindican o espírito do 8-M e denuncian as politicas machistas de formacións como VOX. Montero substitúe así a súa parella, Pablo Iglesias, que se ausentará tres meses para coidar dos xemelgos. Con Iglesias fóra, Irene Montero asumirá o liderado de Podemos con Pablo Echenique. Xuntos xestionarán un dos peores momentos que atravesa o partido.

Noticias web

09/01/2019