CRTVG

Buscar

Irán acusa a Israel do ataque en que morreu o pai do seu programa nuclear

Publicado o 27/11/2020 18:15

O prominente científico nuclear iraniano Mohsen Fajrizadeh foi asasinado este venres nun ataque perpetrado na localidade de Absard, na provincia de Teherán, segundo o Ministerio de Defensa de Irán.  Fajrizadeh, que segundo a intelixencia occidental dirixiu o programa nuclear iraniano, apareceu nas resolucións de sancións da ONU debido ao seu traballo no suposto desenvolvemento de armas atómicas.  

O científico resultou ferido de gravidade no asalto ao seu vehículo, que incluíu polo menos unha explosión e tiroteos, e faleceu no hospital ao que foi trasladado.  No enfrontamento cos asaltantes, o equipo de seguridade que protexía o científico tamén resultou ferido, indica a nota de Defensa, publicada polos medios oficiais, que cualifica o ataque de terrorista. 

O ministro iraniano de Exteriores, Mohamad Yavad Zarif, asegurou que hai "serios indicios do papel de Israel" nun ataque que cualificou de "terrorismo de Estado"  "Os terroristas asasinaron hoxe un eminente científico iraniano. Esta covardía, con serios indicios do papel de Israel, mostra o belicismo desesperado dos autores", escribiu Zarif na súa conta da rede social Twitter.  

Noticias web

27/11/2020