CRTVG

Buscar

Investigan unha vaga de roubos en vivendas unifamiliares no Val Miñor

Publicado o 08/11/2019 13:59

A plena luz do día, asaltan valos, rompen ventás, desactivan alarmas e foxen ata o coche que os espera fóra. Os roubos a chalés e vivendas unifamiliares estanse estendendo nos últimos días pola comarca miñorá. Como pasou en Nigrán, na rúa Bel do barrio da Telleira, moi preto do concello e do núcleo urbano, onde chegaron a entrar en dous chalés, nun intento frustrado, ante a chegada dos propietarios, de roubar xoias e ouro.

A comandancia de Pontevedra investiga se se trata doutra banda organizada que opera tamén polas zonas de Baiona e Gondomar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019