Investigan unha parella que gravou os fillos no coche sen cinto e conducindo en Murcia
Publicado o 29/08/2019 19:55
A Garda civil investiga unha parella por un posible delito contra a seguridade viaria. Unha persoa grava tres menores nun vehículo, sen cinto de seguridade, mentres un deles manexa o volante sentado sobre as pernas dun home.
Quen grava é, segundo os axentes, a nai dos pequenos. Despois, colgou o vídeo e compartiuno por WhatsApp.
Ambos están xa identificados. Ela é de Xaén e o condutor do vehículo é un amigo seu, veciño de Murcia.