Investigan unha lea entre dous mozos ás portas dun colexio de Lugo
Publicado o 02/12/2020 12:32

Investigan un altercado entre dous adolescentes ás portas dun colexio de Lugo. Ao parecer, a refrega comezou cando un dos mozos, de orixe venezolano, lle chamou "mouro" ao outro, que é de orixe magrebí. Ao sentirse insultado, o rapaz achegouse e agarrou o outro menor e deulle unha labazada.
As dúas partes presentaron denuncia, e mesmo denunciou o centro, que tamén abriu unha investigación para esclarecer os feitos.
Máis sobre Lugo
24/02/2021 17:34