CRTVG

Buscar

Investigan un home en Ourense por supostos abusos á súa sobriña de cinco anos

Publicado o 17/01/2020 14:34

Investigan supostos abusos sexuais a unha nena de cinco anos en Ourense. A denuncia presentouna a nai, que acusa o seu irmán. Denúnciao por facerlle tocamentos á pequena nas partes íntimas.

A denuncia foi admitida a trámite. Varios especialistas exploraron a nena e deron credibilidade á súa versión. Os supostos abusos producíronse entre setembro e outubro do ano pasado, cando a vítima quedaba soa co investigado no cuarto xogando co ordenador. A nena confesoulle estes episodios á nai.

O xuíz, polo momento, ditou unha orde de afastamento para que o home non poida achegarse á súa sobriña.

Noticias web

17/01/2020