CRTVG

Buscar

Investigan se Nerea Añel foi vítima dun crime

Publicado o 08/10/2020 11:25

A morte de Nerea Añel non se debeu a causas naturais. É o que se desprende do estudo dos seus restos óseos.

Agora a Policía Nacional investiga se a moza de 27 anos foi vítima dun crime. Segundo fontes do caso, nos ósos apreciáronse sinais de violencia. Algo que non implica homicido, porque din os forenses que os suicidios e accidentes tamén se consideran mortes violentas.

Os seus restos óseos foron localizados a mediados do mes pasado nunha aldea abandonada dos Muíños, no concello de Barbadás. O corpo apareceu semisoterrado no leito dun río. A investigación busca determinar agora o motivo polo que o corpo estaba así. Investigan se o arrastre de terras puido semisoterrar o corpo ou foi alguén quen o fixo para intentar ocultalo.

Noticias web

08/10/2020