CRTVG

Buscar

Investigan se as turistas que denunciaron unha violación en Murcia mentiron para cobrar o seguro

Publicado o 16/01/2020 14:08

O caso das tres irmás estadounidenses, supostamente violadas en Murcia por 3 rapaces afgáns en Noitevella, esperta serías dúbidas e non se descarta que poida tratarse dunha denuncia falsa

A xuíza e os axentes encargados do caso investigan se mentiron para cobrar o seguro que contrataran antes de saír de viaxe e que incluía a agresión sexual.

Nas súas declaracións, as rapazas caeron en numerosas contradicións e nas probas forenses non había rastro das agresións.

As tres irmás regresaron ao seu país sen ratificar as súas denuncias no xulgado.

Noticias web

16/01/2020