CRTVG

Buscar

Investigan roubos continuados de colmeas e de patacas na provincia de Ourense

Publicado o 13/05/2020 12:07

Os ladróns non descansan durante o estado de alarma. As forzas de seguridade investigan o roubo nos últimos días, de cinco colmenas na localidade ourensá de San Andrés, en Ribadavia. Con este son catro os roubos de abellas que se produciron na provincia de Ourense dende o pasado mes de abril.

Tamén un veciño de Xinzo de Limia denunciou o roubo de varios sacos de patacas no interior dun almacén que ten na localidade de Lamas. Ademais, os ladróns levaron materiais de traballo en dúas vivendas da aldea de limiá de Damil.






 

Noticias web

13/05/2020