CRTVG

Buscar

Investigan o roubo dun reloxo de 8.000 euros polo método do abrazo

Publicado o 04/02/2020 13:50

A Garda Civil investiga o roubo dun reloxo de 8.000 euros a un veciño de Gondomar polo método do abrazo amoroso. Alertan de que este tipo de calote volve aumentar na provincia de Pontevedra.

Neste caso, unha muller abordou o home de 81 anos na rúa, e tras gañarse a súa confianza, deulle un abrazo e aproveitou para arrebatarlle o reloxo de alta gama. Este método foi denunciado tamén nos últimos días en dúas ocasións en Vigo. A Garda Civil insiste nos seus consellos de precaución coas persoas descoñecidas.

Noticias web

04/02/2020