CRTVG

Buscar

Investigan o roubo de catro vacas e un boi no concello de Avión

Publicado o 04/05/2020 14:23

Investígase o roubo de catro cabezas de gando nunha explotación do concello de Avión, tamén en Ourense.

Os ladróns rebentaron o cadeado que había na porta e levaron catro vacas e un boi. Non se desbota a posibilidade de que a subtracción dos animais se fixera coa intención de levalos a algún matadoiro das provincias de Ourense e Pontevedra para vendelos como gando legalizado.

O valor das catro reses anda nos seis mil euros.

Noticias web

04/05/2020