CRTVG

Buscar

Investigan o Delegado do Goberno de Madrid por permitir as concentracións do 8M

Publicado o 25/03/2020 20:46



E sobre a xestión da crise, un xulgado de Madrid admitiu a trámite a denuncia contra o delegado do Goberno de Madrid por ter permitido as concentracións de persoas entre o 5 e o 14 de marzo, o que inclúe as multitudinarias do 8M.
A denuncia púxoa un avogado quen alega que nos días previos España recibira un informe sobre o coronavirus remitido polo Centro Europeo para o control e prevención de enfermidades. Estremo este que agora os tribunais terán que comprobar. A denuncia tamén se dirixe contra o presidente Sánchez, que só pode ser investigado polo Tribunal Supremo, e contra os delegados do Goberno de todas as comunidades autónomas.

 

Noticias web

25/03/2020