CRTVG

Buscar

Investigan o abandono dun aeroxerador nunha estrada

Publicado o 23/01/2020 12:19

As autoridades investigan o abandono dos restos da cúpula dun aeroxerador á beira dunha estrada na parroquia de Santa María de Bóveda. Os restos están esparexidos na beiravía.

Investigan como chegaron eses restos aí e quen os depositou. Moi preto tamén se ven depositados varios electrodomésticos e maletas con roupa.

Un caso máis de vertedoiros incontrolados que se veñen rexistrando nas zonas rurais do municipio.

Noticias web

23/01/2020