CRTVG

Buscar

Investigan catro veciños de Arbo por tráfico de drogas

Publicado o 29/08/2020 21:32

Catro veciños de Arbo están sendo investigados penalmente por tráfico de drogas despois de que a Garda Civil atopara tres plantacións de marihuana na localidade. Unha das plantacións, a máis grande, atopábase nun terreo lindeiro cunha vivenda na parroquia de Cequeliños.

Había 44 plantas de marihuana de gran tamaño, tapadas con teas de ocultación. Localizouse tamén unha plantación de interior, nun alboio próximo á vivenda. Os axentes localizaron tamén outras dúas plantacións de marihuana, de menor entidade, na mesma parroquia. Os responsables das plantacións foron notificados como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

 

Noticias web

29/08/2020