Investigan as circunstancias da morte dun home en Vigo, que apareceu esposado e cunha bolsa na cabeza
Publicado o 26/05/2020 15:08
A Policía Nacional de Vigo investiga as circunstancias do falecemento dun home que tiña unha bolsa de plástico na cabeza e que estaba esposado.
Tiña 47 anos e apareceu morto na súa vivenda. A alerta xurdiu cando a nai do falecido avisou a policía, preocupada porque non tiña noticias do seu fillo dende había tres días.
Cando acudiron ao domicilio, non abriu ninguén a porta, polo que os bombeiros tiveron que empregar o camión escaleira para acceder. Ao entrar atoparon o corpo do home. Polo de agora, non se desbota ningunha hipótese.
Máis sobre Vigo
04/03/2021 16:59
02/03/2021 21:26