CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun home que apareceu semiespido e con signos de violencia en Mos

Publicado o 31/10/2019 20:12

Foi un particular quen alertou ao 112 de que había un home morto no camiño de A Tomada, nas Regadas, en Mos. A Garda Civil achegouse ata o lugar e atopou un veciño da localidade e natural de Lugo de 55 anos semiespido e con diversos traumatismos e rabuñaduras. O seu corpo estaba nunha vía a escasos metros da súa vivenda.

O falecido vivía de alugueiro e os veciños máis cercanos non se enteraron do sucedido. O lugar está a escasos metros da nacional 550. Dous axentes da Policía Xudicial da Garda Civil achegáronse ata o lugar en busca de pegadas e de probas que lles axude a esclarecer o acontecido.

A Garda Civil investiga este falecemento como homicidio e non desbota ningunha hipótese. O xuízo autorizou o levantamento do cadáver pasada a unha do mediodía e o corpo do falecido foi trasladado ata o Hospital Nicolás Peña de Vigo onde lle van a practicar a autopsia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí