CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun bebé en Ponteareas

Publicado o 07/04/2020 16:24

Investigan a morte dun bebé de cinco meses de Ponteareas. O pequeno ingresou o sábado en estado moi grave no hospital vigués Álvaro Cunqueiro, onde faleceu horas despois.
 
Os médicos observaron varios golpes no corpo do menor e informaron o xulgado. Con todo, dos primeiros resultados da autopsia despréndese que non hai indicios de criminalidade. Os pais explicaron que o pequeno se atragoou e, segundo o informe forense, as lesións que presentaba poden ser coincidentes cos seus intentos para que expulsase a comida.

O xulgado de garda en Vigo fíxose cargo das dilixencias, pero inhibirase en favor do de Ponteareas, de onde é natural a familia. Non hai detidos nin investigados en relación con este caso.

Noticias web

07/04/2020