CRTVG

Buscar

Investigan a maior resistencia dos nenos fronte ao coronavirus

Publicado o 27/04/2020 14:02

Os investigadores traballan con varias hipóteses sobre a resistencia dos menores fronte á COVID-19. Pensan que algunha das claves para atopar solucións pode estar na diferente resposta dos nenos.

Federico Martinón, xefe de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago: "Os rapaces poden padecer a enfermidade, aínda que é menos grave que nos adultos. Isto pode dar algunha pista esencial. Pode ter que ver co seu sistema inmune, coa súa xenética, co seu sistema de coagulación... Pode ter que ver con moitos factores que neste momento moitos grupos e tamén o noso están a estudar contra o reloxo para achegar algunha nova luz".

Buscan información na resposta individual para comprender por que só algúns teñen síntomas de gravidade.

Federico Martinón, xefe de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago: "O que se está a mirar é, non tanto o virus, senón o que pasa coa persoa".

Confían en que estes estudos dean resultados axiña.

Federico Martinón, xefe de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago: "Todo o equipo está a traballar sen durmir desde o primeiro día. Esperamos ter resultados o máis pronto posible e o primeiro que faremos será comunicalo".

Comunicar unha información fundamental na loita contra o coronavirus.

Noticias web

27/04/2020