CRTVG

Buscar

Investigan a eficacia dos anticorpos que xeran os curados de COVID19

Publicado o 01/05/2020 20:12

Hai evidencia científica para pensar que unha grande parte das persoas que pasaron o COVID-19 poderían desenvolver anticorpos protectores e ser inmunes, a futuro, a coller de novo a enfemidade. A conclusión é da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas que advirte de que o seguinte paso será saber exactamente se será así en todos os casos e durante canto tempo duraría esa posible inmunidade.

Todas as persoas que entran en contacto co COVID19 desenvolven anticorpos. Iso é o que asegura un estudo científico chinés. Por esa liña van tamén as conclusións das investigacións da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas. Evidencian que o 70 por cento dos enfermos analizados, xeran autoprotección natural ao virus. Quere dicir iso que todos os que pasen o coronavirus quedarán libres de volver a contaxiarse?A resposta científica é é un non rotundo. Aínda é moi cedo, din os investigadores, para sacar conclusións globais definitivas.


A inmunidade ao coronavirus que produza, naturalmente, cada persoa dependerá da súa idade, do tipo de infección concreta ou das súas patoloxías previas.
 

Noticias web

01/05/2020