Ferida grave unha muller que caeu dunha cuarta planta dun hotel en Baiona
Publicado o 28/08/2019 20:05

A Garda Civil investiga a caída dunha muller desde o cuarto piso dun hotel de Baiona. Asegura que todas as hipóteses están abertas, aínda que a principal liña de investigación que se segue é que a caída foi de xeito fortuíto. O home deu negativo na proba de alcolemia que se lle fixo, seguindo o procedemento habitual nestes casos.
Ela está ingresada en estado grave no hospital Álvaro Cunqueiro.
Máis sobre Galicia
01/03/2021 21:26